Afonso III - 866-910 - Reis da Galiza

Afonso III case de xeito invariábel chamábase a si nos seus diplomas sobreviventes simplemente «rei Afonso» (Adefonsus rex).[1][lower-alpha 1] Nas crónicas musulmás de Ibn Haián e Al-Razí é chamado continuamente rei de Galiza e rei dos galegos.[2][5] Alén disto, o musulmán Ibn Marwán, señor de Mérida, foi alcumado «o Galego» (al-Yiliquí) por mor da súa amizade con Afonso.[6] Igualmente, o papa Xoán VIII dirixíuselle, nunha carta contra o ano 876, como «rei dos galegos»/«rei das Galizas» (regi Gallaeciarum/regi Gallitiarum).[3][4][9] Con todo, é común a suplantación da súa titulación pola de rei de Asturias, denominación esta creada na España do século XIX polos primeiros historiadores romanticistas como Modesto Lafuente en pleno período de creación do nacionalismo español contemporáneo, que mantén gran vixencia na actualidade.

Fonte / Source: Wikipedia Galega editado por Galiza Histórica.